Axenda

01/02/2024

A nova app da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Todo é posible cunha biblioteca nas túas mans

Préstamo de documentos

O servizo de préstamo ofrécelle ao público a posibilidade de ler ou consultar -de maneira gratuíta, durante un tempo determinado e conforme ás normas establecidas- os documentos “prestables” da Biblioteca.

Servizo de préstamo de documentos

Consulta de documentos

A través deste servizo, a Biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

A Biblioteca dispón de rede wi-fi protexida

Acceso á Internet (wifi e ordenadores de consulta) e Ofimática

A Biblioteca ofrece acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas. Nas súas instalacións, conta cunha infraestrutura que permite usar libremente, de xeito privado e con seguridade diversas fontes e tecnoloxías da información, sempre segundo os principios e fins que rexen as actividades de calquera biblioteca pública.

Novidades
A Coruña e arredores vistos no tempo
Libros como ferramenta terapéutica