ACTIVIDADES

Resultados 1 a 6 de 18
Día do usuario dá Biblioteca_BP dá Coruña MG Garcés

SÁBADOS DE ANIMACIÓN_enero 2018

Durante o mes de xaneiro proseguen os SÁBADOS DE ANIMACIÓN con contacontos, bebecontos, os contos en lingua de signos..., pero tamén programamos actividades especiais coas que celebramos dúas importantes efemérides: o DÍA DO USUARIO e o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Haberá premios e agasallos de libros e outras sorpresas para os usuarios máis activos e tamén un obradoiro de ilustración. Esperamos de novo que vos gusten!!!

Mes de xaneiro, por Apeles Mestres

Programa Xaneiro 2018

Comezamos o novo ano celebrando o Día do Usuario, o eixo sobre o que vira todo o traballo da Biblioteca, sempre encamiñado a satisfacer as necesidades dos usuarios. Finalizamos xaneiro con outra efemérides importante, o Día da Ilustración, que celebraremos cun obradoiro ao cargo de Xosé Tomás. Temos máis actividades, os habituais clubs de lectura, mostras bibliográficas, visitas escolares, contacontos... e algunhas máis vos anunciamos a continuación. Esperamos que vos gusten !!!

Celebramos O NADAL

SÁBADOS DE ANIMACIÓN - decembro 2017

Durante o mes de decembro O NADAL convértese en PROTAGONISTA da BIBLIOTECA. Proseguen as actividades cun obradoiro no que os nen@s poderán confeccionar adornos e agasallos pensados para O Nadal, poderán cantar con Gloria Mosquera as cancións do grupo Mamá Cabra, bebecontos, mostras bibliográficas con libros seleccionados para estas festas... Esperamos de novo que vos gusten!!!

NADAL na Biblioteca

Programa Decembro 2017

Celebramos O NADAL con actividades especiais: un obradoiro onde os nenos poderán realizar adornos ou agasallos pensados para O Nadal, unha mostra bibliográfica cunha selección de libros e outros documentos para regalar nestas festas, un espectáculo de Gloria Mosquera e as cancións do grupo Mamá Cabra, un taller de escritura para adultos onde o Nadal volve a ser protagonista... Esperamos que vos gusten !!!

Maxiciencia, por David Méndez

SÁBADOS DE ANIMACIÓN - novembro 2017

Durante o mes de novembro a CIENCIA convértese en PROTAGONISTA da BIBLIOTECA. Proseguen os Sábados de Animación, contacontos, obradoiros e mostras bibliográficas pero de novo agárdavos algunha sorpresa. Esperamos que vos guste!!!

Programa Novembro 2017

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, durante este mes a CIENCIA convértese en PROTAGONISTA da BIBLIOTECA. Desde os albores do mundo o ser humano satisfixo as súas ansias de coñecemento coa experimentación e a observación da súa contorna para atopar respostas ás numerosas preguntas que marcan o rumbo da súa existencia...