ACTIVIDADES
Celebramos o Día do Usuario e o Día da Ilustración
Programa Xaneiro 2018
Mes de xaneiro, por Apeles Mestres Calendario do Libro e da Lectura 2018 Mostra "Os máis prestados 2017" Exposición "Luces e cores de Elviña" Día do Usuario/a da Biblioteca Aventuras na cociña, pola Cía. do Trinke Trinke Charo Pita Bebecontos "O curral de Cocoricó", por Charo Pita Xosé Tomás Obradoiro de ilustración, por Xosé Tomás
Comezamos o novo ano celebrando o Día do Usuario, o eixo sobre o que vira todo o traballo da Biblioteca, sempre encamiñado a satisfacer as necesidades dos usuarios. Finalizamos xaneiro con outra efemérides importante, o Día da Ilustración, que celebraremos cun obradoiro ao cargo de Xosé Tomás. Temos máis actividades, os habituais clubs de lectura, mostras bibliográficas, visitas escolares, contacontos... e algunhas máis vos anunciamos a continuación. Esperamos que vos gusten !!!

CLUBS DE LECTURA: 

Inglés: 3º sábado de cada mes, ás 12:00 horas

. Galego: Xoves alternos, ás 19 h.

. Literatura de misterio e terror: 2º e 4º martes do mes, ás 19 h.

. Club do luns: luns alternos, ás 18 h.

. Club dos mércores: todas as semanas, ás 17:30 h. 

Inscricións a partir do 11 de setembro ás 8:30 horas. Apuntarse na Secretaría da Biblioteca ou a través da nosa páxina web 

¡¡¡ ATENCIÓN !!! Consultar prazas dispoñibles na Secretaría da Biblioteca: 881 960 378 e 881 960 379.

VISITAS GUIADAS “Ven a coñecer a túa biblioteca”, para coñecer a biblioteca e os seus servizos. Apuntarse na biblioteca ou chamar por teléfono. Martes e xoves ás 12:00 horas.

VISITAS ESCOLARES: Martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas e de 11:00 a 12:00 horas. Apuntarse na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos: 881 960 378, 881 960 393.

FORMACIÓN DE USUARIOS: Para aprender a usar mellor os recursos da biblioteca. Mércores, ás 12:00 horas. Apuntarse chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379.

A Biblioteca ofrece tamén a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos.

En Xaneiro celebramos o DÍA DO USUARIO e o DÍA DA ILUSTRACIÓN

. DÍA DO USUARIO/A, 11 de Xaneiro

Con motivo do Día do Usuario e da Usuaria, o 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convida a todos os seus usuarios a participar nas actividades conmemorativas previstas na biblioteca:

. Visitas guiadas á biblioteca, ás 10 e ás 17 horas para todos aqueles que desexen coñecer os servizos, espazos e coleccións cos que conta.

. Nomeamento de Socios de Honra 2018, que recaerá nos tres usuarios infantís e nos tres adultos con máis préstamos durante 2017. Un nomeamento que lles outorgará o privilexio de que ao longo de todo o ano 2018 poderán retirar en préstamo un maior número de obras. A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o próximo Día do Usuario, o 11 de xaneiro de 2019.

. A todos os que se acheguen á biblioteca o 11 de xaneiro incrementaráselles o número de obras que se poden levar en préstamo. Tamén se farán sorteos de lotes de libros e outros materiais entre os usuarios que ese día leven máis préstamos, e regalaranse marcapáxinas. 

. Entrega de premios aos Socios de Honra 2018. O martes 16, ás 12:00 horas, no vestíbulo da biblioteca regalaranse lotes de libros aos tres socios de honra infantís, aos tres socios de honra adultos e tamén aos usuarios que durante o día 11 levasen en préstamo o máximo de documentos permitido.

11 de xaneiro

16 de xaneiro. Salón de actos

. Exposición dos traballos gañadores doCertame de Fotografía e Pintura LUCES E CORES DE ELVIÑA”

Exposición de fotografías e pinturas finalistas e premiadas no VI Certame de Fotografía e Pintura LUCES E CORES DE ELVIÑA, que organiza a Asociación de Veciños de Elviña 2ª Fase.

O obxectivo desta asociación é dar a coñecer esta zona da cidade e atraer a veciños doutros barrios. Este ano, o certame no que poden participar todos os coruñeses maiores de 7 anos, incluíu como novidade a categoría de pintura. Tanto a fotografia como a pintura tratan dous temas: "A Vida no Barrio de Elviña" e "Lugares destacados do noso barrio".

A partir do 10 de xaneiro. 1ª planta

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS:

. “Os documentos máis prestados do ano 2017”.

Do 8 ao 31 de xaneiro. Panta baixa, vestíbulo de entrada

. “Ilustradores Coruñeses” fará un percorrido polas  obras dalgúns dos máis importantes ilustradores coruñeses. Celebramos así o Día da ilustración, que se conmemora o 30 de xaneiro.

Do 8 ao 31 de xaneiro. Primeira Planta

SÁBADOS DE ANIMACIÓN

. Sábado 13, ás 12 h.,  AVENTURAS NA COCIÑA, pola Compañía do Trinke-Trinke

Contacontos pola Compañía do Trinke Trinke

Volven os Ratos de Lonxedetodo con Lilí Gruyére que, ademais de artista, é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo un menú moi san. Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saúdables.

Contos que se lerán:

El jarrón del fondo del agua. En: Mil años de cuentos [de historias y leyendas para contar a los niños antes de acostarse]. Madrid : Edelvives, 1996

. Sopa verde. Ângela Madeira e Till Charlier . Pontevedra, OQO, 2013

Para nenos/as de 6 a 12 anos 

SÁBADO 13 de xaneiro, ás 12:00 horas

Entrada libre

. Sábado 20, ás 12 h., CONTOS EN LINGUA DE SIGNOS”

Contacontos os en lingua de signos.

Para neno/as de máis de 3 anos, oíntes ou xordos/as.

Entrada libre.

. Viernes 26, ás 12:00 horas, BEBECONTOS "O curral de Cocoricó", con Charo Pita

O arco da vella desapareceu e só o pitiño Cocoricó será quen de atopalo.

Contos e cancións de animais, dos que tanto gustan os máis cativos.

Nenos/as de 0 a 3 anos, acompañados por un adulto. 

Prazas: 30. Inscrición previa no formulario de solicitude  

ATENCIÓN!!! Non se admitirán solicitudes enviadas antes do venres 19 

. Sábado 27, ás 12 h., OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN, con Xosé Tomás

Neste obradoiro co que celebramos o Día da Ilustración —30 de xaneiro—, Xosé Tomás amosará aos nenos e nenas algunas das técnicas e pasos principais do proceso creativo arredor do álbum ilustrado.

Nenos/as de 6 a 12 anos.

Prazas: 20. Inscrición previa no formulario de solicitude

ATENCIÓN! Non se admitirán solicitudes antes do sábado 20 de xaneiro