Sala infantil xuvenil
Sala infantil xuvenil da Biblioteca Pública da Coruña

A zona infantil-xuvenil está na planta baixa da Biblioteca. É para uso preferente das nenas e nenos menores de 14 anos. Esta sala conta cunha completa colección bibliográfica e multimedia axeitada para os lectores máis pequenos. Ademais realízanse nela moitas actividades de animación á lectura (contacontos, obradoiros, lecturas en voz alta ... ), de pasatempo, música, traballos manuais... e resulta un lugar idóneo para a realización de traballos escolares.