SERVIZOS

Resultados 1 a 9 de 9
Sala de préstamo

Préstamo de documentos

O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.

Sala de consulta

Consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro

Biblioteca Accesible

A Biblioteca é un dos centros públicos beneficiarios do Programa TIC TAC Galicia

Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos

A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos seus usuarios/as lectores de libros electrónicos e  portátiles.

Servizo de reprodución de documentos

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os usuarios/as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.

Servizo de acceso á Internet e ofimática

A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

Salón de actos

Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para os usuarios/as das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos, dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, como centro integrante desta rede, oferta este servizo aos seus usuarios/as.

Servizo de información  e referencia

Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector na resolución das súas necesidades informativas específicas