Préstamo de documentos

O servizo de préstamo ofrécelle ao público a posibilidade de ler ou consultar -de maneira gratuíta, durante un tempo determinado e conforme ás normas establecidas- os documentos “prestables” da Biblioteca.

Requisitos

Para poder facer uso del é preciso ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, válido para as bilbiotecas públicas de galicia:

Podes consultar a listaxe completa de bibliotecas integradas na páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Ademáis do préstamo, o carné permite acceder:

  • Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe
  • Á sesión persoal do catálogo, onde cada lector ou lectora pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios etc.

Para obter o carné será necesario:

  • Cubrir un formulario en liña ou achegarse á biblioteca e facelo de xeito presencial.
  • Mostrar o DNI ou un documento oficial de identidade con fotografía para recoller o carné.
  • Os menores de 14 anos deberán proporcionar o nome e o número de DNI dunha persoa adulta responsable (pai, nai, titor, titora).
  • Cando se trate dunha entidade, a dirección solicitará a alta da institución como usuaria e nomeará a unha persoa responsable do uso do carné.

O carné é gratuito, persoal e intransferible. Soamente poderá cederse a outra persoa no caso de que a persoa interesada non poida acudir á biblioteca. Previamente deberá cubrir un formulario en liña (tamén dispoñible en papel) para que outra persoa poida facer uso do seu carné. A anulación das autorizacións deberá comunicarse por escrito á biblioteca.

Calquera cambio ou modificación nos datos persoais (cambio de domicilio, información de contacto etc.) deberá comunicarse á biblioteca para que poida actualizalos a efectos prácticos e de comunicación.

A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda. Neste último caso é preciso cumprimentar unha nova solicitude.

Modalidades de préstamo

A biblioteca ofrece as seguintes modalidades de préstamo:

O préstamo persoal a domicilio

Realízase de xeito directo e individual a cada persoa usuaria da biblioteca no mostrador da planta baixa ou nas máquinas de autopréstamo.

Público adulto (a partir de 14 anos)

O carné de persoa adulta permite levar prestados un máximo de 20 exemplares por persoa. Pódense facer distintas combinacións de materiais de adultos e infantís ata o máximo establecido.

CADRO RESUMO PRÉSTAMO ADULTOS

Público infantil (ata 14 anos)

O carné infantil permite xestionar un máximo de 17 exemplares por persoa. Este tipo de préstamo está suxeito aos materiais dispoñibles na Sala Infantil e Xuvenil, excluíndo libros, películas e outros documentos destinados a persoas adultas.

CADRO RESUMO PRÉSTAMO INFANTIL

Préstamo intrabibliotecario

A biblioteca ofrece, ademais, a posiblidade de levar en préstamo aqueles documentos que non se atopan entre os seus fondos pero si en algunha das seguintes bibliotecas públicas de Galicia:

  • Biblioteca Pública de Lugo
  • Biblioteca Pública de Ourense Nós
  • Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
  • Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
  • Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
  • Biblioteca Municipal de Ferrol

A persoa usuaria pode localizar o título do seu interese no catálogo colectivo e solicitalo por calquera das seguintes vías:

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición e 1. No caso de que a obra esté constituída por varias partes (volúmenes de libro, capítulos de serie etc.) poderán solicitarse ata un máximo de tres.

O prazo de recepción do material solicitado adoita ser de 2 ou 3 días. Unha vez recibido a biblioteca comunicará á persoa usuaria a chegada do documento. A partir deste momento a persoa usuaria contará con 7 días para recollelo. No caso de non retirar o material solicitado, a sanción será de 10 días sen préstamo.

Os prazos de devolución, as renovacións etc., son comunes para toda a Rede de Bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia na que se inclúe a Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés.

Préstamo interbibliotecario

O préstamo interbibliotecario é un servizo que facilita ao público o acceso á aquelas publicacións que precise para investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.

A biblioteca localizará e solicitará a obra á entidade correspondente pola vía máis rápida, xa sexa o orixinal ou unha reproducción (fotocopia, copia dixitalizada etc.). A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da biblioteca, a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.

As solicitudes de obras en préstamo interbibliotecario pódense realizar por calquera das seguintes vías:

Os custos, no caso de habelos, correrán por conta do usuario ou usuaria.

O máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é 1.

Os prazos de recepción do material dependerán da biblioteca prestataria. Unha vez recibido, a biblioteca comunicaralle á persoa solicitante a chegada do documento. A partir deste momento terá 7 días para recollelo. No caso de non retirar o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 sen préstamo.

Préstamo colectivo a entidades

É un servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos.

A dirección ou persoa encargada da institución correspondente solicitará a alta da entidade cubrindo un formulario en liña e nomeando a unha persoa responsable.

O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60 por biblioteca e 120 en total en toda a rede.

CADRO RESUMO PRÉSTAMO ENTIDADES.

Renovacións

Os materiais prestados pódense renovar pasados 5 días desde a realización do préstamo e ata o día da súa caducidade:

  • Por teléfono, chamando ao 881 960 392 / 881 960 397
  • Na propia biblioteca
  • Vía web accedendo á conta persoal do catálogo identificándose co número de carné e o seu contrasinal

Devolucións

Todas as devolucións efectuaranse na biblioteca donde se levou a cabo o préstamo. O material poderá devolverse:

  • Nas máquinas de autodevolución.
  • No buzón exterior da biblioteca, fóra do horario de apertura da biblioteca.

Sancións

Non respectar os prazos de préstamo suporá unha sanción de 1 día por cada día e documento restrasado (1 día X nº de días de retraso X nº de doc. restrasados). Se o documento non se devolve o carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede.

No caso de deterioro dun documento por parte dun usuario, o persoal da biblioteca valorará a súa posible reparación. Se non é posible, o usuario deberá repoñelo.

No caso de perda dun documento por parte dunha persoa usuaria, ésta deberá repoñelo.

Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado, o persoal da biblioteca propondrá un título alternativo. Mentres tanto, a persoa usuaria non poderá levar ningún material en préstamo.