AVISOS
27/10/2017
Certame de poesía infantil "Nadal 2017"
Certame de poesía infantil "Nadal 2017" LARA VALCÁRDEL FERNÁNDEZ (7anos) ANGELLA GARCÍA URIZ (7anos) NOUR KELLOUCHI ALLAOUI (7anos) LAURA LÓPEZ CARRAL (10anos) ÁNGEL HERRERO PÉREZ (11anos) EVA VÁZQUEZ MARTÍNEZ (9anos) NURIA DEVESA NÚÑEZ (13anos)
Certame de poesía infantil que convoca cada ano a Biblioteca Pública de Lugo

  GAÑADORES DA FASE LOCAL DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO:

1. CATEGORÍA A ( ATA OS 8 ANOS)

LARA VALCÁRCEL FERNÁNDEZ (7 anos)

ANGELLA GARCÍA URIZ (7 anos)

NOUR KELLOUCHI ALLAONI

2. CATEGORÍA B (9 A 11 ANOS)

LAURA LÓPEZ CARRAL (10 anos)

ÁNGEL HERRERO PÉREZ (11 anos)

EVA VÁZQUEZ MARTÍNEZ (9 anos)

3. CATEGORÍA C (12 A 16 ANOS)

NURIA DEVESA NÚÑEZ (13 anos)

   PARABÉNS ÁS GAÑADORAS E AOS GAÑADORES E PARABÉNS AOS EXCELENTES TRABALLOS PRESENTADOS POR TODAS/OS  PARTICIPATES

    O venres 19 ás 18:00 h terá lugar a entrega de diplomas no salón de actos.

 

CONVOCATORIA:

A Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca o CERTAME DE POESÍA  INFANTIL “NADAL 2017”:

Nel poden participar tódolos nenos/as e rapaces con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”. Cada neno/a poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

 Establécense tres categorías: A, ata 8 anos,  B, de 9 a 11 anos, e  C, de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cada un o seu diploma e lote de libros. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro de 2018.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial.

Consulta as bases da fase local e provincial no documento adxunto.