AVISOS
17/08/2017
Club de lectura de cómic
Club de lectura de cómic
Ábrese o prazo de inscrición en setembro

Dirixido a público adulto, terá lugar o terceiro mércores de cada mes, sendo a primeira sesión o 18 de outubro. O Club de Lectura de Cómic é un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e sensacións ao redor de una mesma paixón, as novelas gráficas e os cómics. 

Se estás interesado en formar parte deste Club de lectura, podes anotarte cubrindo este formulario (a partir do 5 setembro). Para formar parte dun Club de lectura é OBRIGATORIO ter carné de usuario da Biblioteca, necesario para poder levar os libros en préstamo.  Infórmete e faite socio aquí: http://bibliotecas.xunta.gal/lugo/gl/como-podo/facer-o-carne-da-biblioteca. Admisión por orde de presentación da solicitude. Só serán avisadas as persoas admitidas.