Buscar un libro ou outro material?
Buscar no catálogo

Para buscar o que precisas, tes á túa disposición o catálogo en liña da biblioteca (OPAC). Podes acceder a él desde calquera lugar con conexión a internet e a través de calquera dispositivo (ordenador, tablet, smartphone...) aquí ou directamente en http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Na biblioteca tes varios puntos de consulta do catálogo nos diferentes andares. Non tes que ser usuario ou usuaria da biblioteca para poder utilizalos.