COMO PODO?
Facer o carné da biblioteca?
Carné da biblioteca

Podes solicitar o teu carné de forma presencial no andar baixo (Administración) ou de forma virtual cubrindo a  Solicitude do carné de usuario ou usuaria.  IMPORTANTE, lembre seleccionar biblioteca na que solicita o carné: LUGO-BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

É gratuíto, persoal e intransferible.

Amósanos algún documento oficial que acredite a túa identidade (o teu DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... ) para comprobar os datos cando veñas facer a solicitude ou cando veñas recoller o carné si decides solicitalo virtualmente. Si fas a solicitude na biblioteca, faremosche unha fotografía. 

As persoas menores de 14 anos poden solicitar o carné infantil coas mesmas condicións que o de adultos, pero con restricións en canto aos materiais que poden levar. Precisan unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice por eles. Si xa teñen DNI, deben presentarnolo. Si non teñen DNI, faremoslles igualmente un carné de lector e cando o teñan deberán comunicarnolo para facerlles un carné novo. Cando cumpran 14 anos cambiaremoslles o carné infantil por un carné de lector adulto.

As entidades tamén poden ter un carné para o préstamo de materiais. Terán que cubrir a Solicitude carné de entidade O trámite pode realizarse tamén na biblioteca.

O carné serve para:

  • levar libros, películas, cds de música, mapas, etc. a domicilio. Lémbrate de traer o carné sempre para levar documentos en préstamo.
  • acceder a unha páxina personalizada do catálogo onde podes renovar préstamos, reservar, suxerir compras, facer comentarios...
  • consultar a Biblioteca dixital
  • para poder usar na Biblioteca cascos, portátiles...

O carné vale para as Bibliotecas Centrais de Santiago, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Coruña e as bibliotecas municipais de Ferrol, Oleiros, Laxe, Sanxenxo, Ortigueira e Vigo.

Tés que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos renovaranse cada 5 anos nos carnés de adultos e cada 3 nos de nenos.

A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda; neste último caso hai que cubrir unha nova solicitude. A perda reiterada do carné conleva sanción.