COMO PODO?
Levar documentos en préstamo?
Mostrador de préstamo

Cando teñas o teu carné, poderás usar o servizo de préstamo. 

Se queres levar para a casa materiais da biblioteca, cólleos no andel e fai o préstamo ti mesmo nunha máquina de autopréstamo ou achégate ao mostrador do Andar baixo e faremoscho nós. Isto vale para todos os documentos agás os xogos de consola infantís (Andar 1) e  os audiovisuais de adultos (Andar 2).

Se queres algún material que non temos na biblioteca, achégate a un mostrador e pide que cho soliciten, ou cobre a Solicitude de préstamo intrabibliotecario a outra biblioteca da rede da Xunta.  A devolución dos documentos solicitados por préstamo intrabibliotecario farase na biblioteca onde se soliciten.

Se non podes vir pola biblioteca, podes pedirlle a alguén que che recolla os préstamos: só tes que autorizar a quen tú queiras aquí ou na propia biblioteca.