Infantil e xuvenil

A zona Infantil e Xuvenil atópase no semisoto da Biblioteca. É para uso exclusivo das nenas e nenos menores de 14 anos e os/as seus acompañantes.

Aquí atoparedes una pequena biblioteca con todo o preciso para o público infantil e xuvenil cunha colección bibliográfica e multimedia axeitada para idades comprendidas entre os 0 e os 13 anos. 

Neste andar realízanse moitas actividades de animación á lectura (contacontos, obradoiros, lecturas en voz alta ... ), de pasatempo, música, traballos manuais ...