Instalacións

A Biblioteca Pública ocupa cinco andares completos e algún compartido:

Planta Semisoto
 
Sala Infantil e xuvenil. Atopamos a sala adicada aos nenos de 0 a 13 anos. Dentro da sala hai un pequeno espazo adicado aos menores de 3 anos.

Imaxes da Sala Infantil  

Planta Baixa

A biblioteca conta cun salón de actos con 110 postos.

Salón de actos

Primeiro Andar

Na sala da esquerda temos o espazo que ocupaba a antigua Sala de Consulta. Nela podemos atopar os postos para consulta de internet, o fondo adicado á arte, o dereito, as biografías, etc., e na parte superior (2º andar) o fondo de ciencias, historia, as relixións e a zona destinada a revistas e xornáis.

Sala de lectura da biblioteca 
Na sala da dereita atopamos os documentos adicados á informática, a psicoloxía, á mediciña, os deportes, etc. ademáis da novela de todo o mundo e o cine.
Sala de préstamo

No hall contamos ademáis cun servizo de información, taquillas para depositar as pertenzas, un equipo ofimático e o servizo de reprografía.

Segundo andar

No segundo andar temos unha sala de actividades para adultos. 

Terceiro Andar
 
No terceiro andar contamos con dúas salas. Na sala da dereita atopamos o conto ou relato, a poesía e o teatro. Na sala da esquerda está o fondo local, os libros de fotografía, o debuxo e o fondo de cómic.

Contamos tamén cun lector de microfichas e microfilmes para consultar prensa antiga. E o fondo de revistas en galego.

3º andar

Quinto andar

No quinto andar, que compartimos coa Delegación de educación, atopamos os depósitos de revistas e prensa.

O Ministerio de Cultura está a construir un novo edificio para albergar a biblioteca na no complexo cultural de San Francisco onde compartirá espazo co futuro edificio do Arquivo Histórico Provincial  e cos xa existentes Auditorio de Ourense, Universidade Popular e as Escolas Municipais de Música e Teatro.