As nosas coleccións

A colección da biblioteca está destinada a servir recursos para a formación, a información e o ocio da comunidade que accede a ela. Confórmana todo tipo de materiais procedentes de compras e doazóns, tanto de institucións como particulares.  

Como é vocación das bibliotecas públicas, a maioría dos documentos están en acceso libre e organizados por materias, aínda que a gran cantidade de fondo obriga a que unha parte deste estea no depósito. Nos últimos anos as bibliotecas públicas incorporamos, ademais, un catálogo de libros electrónicos accesibles dende as nosas web.

O noso propósito é manter unha colección constantemente actualizada e que sirva a distintos intereses dentro dos xa mencionados obxectivos de ocio, formación e información. Podes colaborar coa biblioteca participando na formación do fondo por medio das Solicitudes de compra ou dos donativos.

Ademais do fondo propio da nosa biblioteca, ao formar parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, o número de documentos aos que os nosos lectores poden acceder a través do Servizo de préstamo intrabibliotecario medra exponencialmente.

Algunhas seccións a destacar son:

Fondo Local

A sección Fondo local reúne toda a información relacionada con Ourense e provincia así como obras de autores ourensáns.

Os seus fondos están clasificados igual que o resto da biblioteca.

Hemeroteca

Sección de prensa e publicacións periódicas está formada por:

·   Prensa local e rexional

·   Periódicos de distribución nacional

·   Algúns títulos de diarios económicos

·   Algúns títulos representativos da prensa estranxeira

·   Semanarios de información xeral, suplementos semanais, etc.

·   Revistas especializadas de todas as materias: literatura, arte, arquitectura, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.

·   Revistas de temas locais e rexionais

·   Boletín Oficial do Estado (BOE). Actualmente enliña. En papel La Gaceta de Madrid.

·   Diario Oficial de Galicia (DOG). Actualmente enliña. En papel dende 1981 ata 1991.

·   Boletín Oficial da Provincia (BOP). Desde os seus inicios en papel.

·   Repertorios de Lexislación …

Ademais pode acceder á Hemeroteca Dixital Iconoce á que podes acceder a través da Biblioteca Dixital da Rede.

Comicteca

A sección de cómic reúne cómics de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, super heroes, ciencia ficción ...). Está clasificado como:

Publicacións cobre cómic, cómic americano, norteamericano, europeo, español, galego, manga, super herois,

Sección Infantil e Xuvenil

Sección destinada exclusivamente aos nenos, nenas e aos seus acompañantes. Os/as menores de 7 anos deben vir sempre acompañados, hai que coidalos moito e aprenderlles a comportarse.

Dentro da sala temos un pequeno espazo destinado aos máis pequenos.

A colección infantil clasifícase por idades, identificadas con cores. Estas cores son soamente orientativas xa que quen decide é o nenos ou nena. Son os seguintes:.

·   Azul: 0 a 5 anos

·   Vermello: 6 a 8 anos

·   Verde: 9 a 11 anos

·   Amarelo: 11 a 14 anos

Tamén contamos cun Recuncho de nais e pais con libros e revistas sobre educación infantil e outros temas relacionados.

Ademais das obras de creación atoparás libros informativos clasificados con números que se corresponden coas diferentes materias, documentos sonoros, audiovisuais, xogos de ordenador e de consolas, revistas, etc.

Sección de Música

O centro de interese de Música recolle todos os documentos relativos á música, os diferentes estilos, a historia, as biografías de músicos, a técnica musical, instrumentos... Ademais as obras musicais están divididas por estilos: clásica, folk, rock, jazz, etc.

Sección de cine

O centro de interese de Cine recolle todos os documentos relativos ao cine: a historia, os estilos, os autores, as técnicas..., ademais de as obras cinematográficas.

As obras cinematográficas, están constituídas por cine e series en dvd e blu-ray.

Co fin de poder ver unha evolución ao longo do tempo dende as orixes do cine, están clasificadas do seguinte xeito:

1º décadas (191-, 192-, 193-…)

2º países (ES, EU, IT…)

3º directores

Os documentos teñen, tamén, unas iconas que identifican distintos xéneros como terror, ciencia ficción, negro, etc.

Obras literarias. Novela, relatos (conto), poesía, teatro.

Estas obras aparecen clasificadas por países e dentro destes por autor. Pódense atopar tamén moitas obras no seu idioma orixinal.

Contamos, ademáis con outras grandes seccións:

Libros de viaxes

Ensaio

Memorias

Biografías

Artigos

Correspondencia

Refráns, etc

Colección Xuvenil

Aínda que non está separada físicamente, a biblioteca selecciona obras literarias e de coñecemento destinado a un público de 14 a 18 anos.

Biblioteca Accesible

Esta colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Forman parte dela:

·   Libros de lectura fácil. Libros elaborados con especial coidado para poder ser lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión. O público ao que se dirixe é: persoas xordas de nacemento ou con xordeira precoz, con algunha discapacidade psíquica e a persoas con outras doenzas como dislexia, autismo, afasia...Tamén están indicados para inmigrantes recentes.

·   Libros en Letra Grande. Presentan unha letra máis grande do habitual e diríxense a persoas maiores e persoas con dificultade de visión.

·   Libros temáticos sobre discapacidade.

·   Libros informativos relativos a lexislación sobre discapacidade, formación laboral, inserción, organizacións, dicionarios en linguaxe de signos, etc. Diríxense a persoas discapacitadas, ás súas familias e a persoas que desenvolven a súa actividade laboral con eles.

·   Audiolibros

·   Libros en formato CD ou DVD. Diríxense a un público amplo: persoas con dificultades de visión, persoas maiores, inmigrantes, persoas sen hábito de lectura, etc. DVD e vídeos. Principalmente en Lingua de Signos.

·   Recursos electrónicos. CD-ROM multimedia con xogos para persoas con algunha discapacidade cognitiva. Diríxense a persoas con algunha discapacidade psíquica ou con outras doenzas como autismo, afasia, Asperger ...

Lingoas e métodos de idiomas

As obras sobre Lingüística e linguas en xeral levan unha signatura que comeza por 80 e 81.

A biblioteca tamén dispón dun crecente número de obras de aprendizaxe de distintos idiomas.

Guias de viaxes

Este centro de interese reúne os documentos relativos a viaxes: as descricións de viaxes, as guías turísticas, as rutas, os mapas e planos.

Están todos en libre acceso e clasificados por continentes e países.

Libros informativos

Documentos de non ficción clasificados pola C.D.U. (Clasificación Decimal Universal), con números do 0 ao 9. Os que non se prestan están sinalados cun punto vermello.

Os números correspóndense coas seguintes temáticas xerais:

·   0 Xeralidades

·   1 Filosofía, psicoloxía

·   2 Relixión

·   3 Ciencias sociais

·   5 Ciencias puras

·   6 Ciencias aplicadas

·   7 Arte

·   9 Xeografía e historia

Formando parte fundamental do noso fondo e como unha das función primordiais das Bibliotecas Públicas, a biblioteca recibe tamén o Depósito legal de Ourense, que ten a obriga de conservar.