ACTIVIDADES
Cursos de filosofía
A Biblioteca Pública de Pontevedra, dentro do programa de Voluntariado nas Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova etapa dos cursos de filosofía a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Catedrático de Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

Impartiranse dous cursos de filosofía:

  1. Curso de iniciación: aproximación á filosofía. A este curso poden inscribirse todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran promover e fomentar o uso do diálogo e da razón. As inscricións a partir do 14 de setembro, xoves, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  desde as 9:00h ata completar as prazas. As clases serán no Salón de actos desde o 19 de outubro ata o 7 de xuño, os xoves alternos de 19:00 ás 20:45h.
  2. Curso monográfico: pensar a sociedad actual. Só poderán inscribirse neste curso as persoas que superaron o curso de iniciación. As clases serán no Salón de actos desde o 5 de outubro ata o 31 de maio, os xoves alternos de 19:00 ás 20:45h.

Os cursos teñen dúas modalidades de asistentes:

  • Asistentes inscritos: acuden con regularidade e reciben información de lecturas previas a cada sesión e un diploma acreditativo final.
  • Asistentes non inscritos: acuden cando queren ou poden, non reciben información de lecturas previas e non teñen dereito ao diploma acreditativo final. Esta posibilidade abriuse este ano ao dispor dun local con maior capacidade.