ACTIVIDADES
Visitas escolares
Programa de Formación de usuarios e Animación á Lectura que ten como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas.

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ofrece un programa de visitas escolares. Estas visitas escolares desenvolveranse en dúas convocatorias por curso escolar, a primeira convocatoria do 8 de novembro ata o 20 d decembro e a segunda (pendente de confirmar datas) aproximadamente a partir do mes de xaneiro ata o mes de maio.

As visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil, e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración é de 60 minutos, nos que se levarán a cabo actividades adaptadas ás diferentes idades, coa finalidad de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. Realízanse todos os mércores dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira, e de 11:15 a 12:15 h a segunda, en grupos de 25-30 alumnos.

É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar: o curso ao que pertencen e a actividade que se escolle, cun límite de tres por colexio.

A apertura do prazo de inscrición para a primeira convocaroria deste curso será o día 3 de outubro e poderase facer a través do tlfo. 886 159 249 ou presencialmente en horario de 9:00  a 14:00 h.

Os criterios que rexerán a concesión da visitas, serán os seguintes:

  • Na primeira convocatoria (inscrición en outubro): 
  1. Por rigorosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.
  • Na segunda convocatoria (inscrición xaneiro):
  1. Que non se teña desfrutado de ningunha sesión na primeira convocatoria.
  2. Por rigurosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.