ACTIVIDADES

Resultados 1 a 4 de 4

Cursos de filosofía

A Biblioteca Pública de Pontevedra, dentro do programa de Voluntariado nas Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova etapa dos cursos de filosofía a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Catedrático de Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

Clubs de lectura

Reunións periódicas dun grupo estable de persoas para comentar unha mesma lectura, que presta a biblioteca e que len antes da reunión.

Formacións de usuarios

Actividades encamiñadas a achegar a biblioteca aos usuarios, por medio de visitas e de xornadas de formación nas distintas ferramentas, servizos e fondos que a biblioteca ofrece.

Animación á lectura

Actividades encamiñadas a fomentar a lectura.