COMO PODO?
Renovar un préstamo

A renovación poderase realizar transcorridos 5 días desde a formalización do préstamo e ata o día da súa caducidade e poderá facerse:

-Por teléfono.

-Na propia biblioteca no mostrador onde colleu prestado o documento.

-Na web entrando no catálogo da biblioteca  no enlace http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ identificándose co seu número de lector e un contrasinal.

Non se permitirá a renovación de documentos reservados.