COMO PODO?
Reservar os espazos da biblioteca

A biblioteca ten dispoñibles un salón de actos con aforo para 249 persoas, una sala de reunións para 20 persoas e unha sala de obradoiros para 25 persoas. Conta tamén cunha sala de exposicións.

O uso que se faga destas dependencias nunca pode ser con ánimo de lucro.

Para reservar as instalacións debe cubrir o formulario e recibirá unha comunicación sobre a aceptación ou non da súa solicitude