COMO PODO?
Reservar un documento

Se quere levar en préstamo un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva na propia biblioteca o desde o  OPAC no enlace http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.

Este servizo é de aplicación sempre e cando o material estea prestado. O número máximo de reservas por lector é de 3 para libros e revistas, 2 audiovisuais e 1 libro electónico.

O prazo para recoller as reservas é de 3 días desde o aviso.  Unha vez transcorrido ese período, se o documento non é recollido a reserva quedará anulada.