COMO PODO?
Solicitar o carné de usuario da biblioteca

O carné da biblioteca serve para todas as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.

Pode solicitar o seu carné cumprimentando o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da rede ou facelo presencialmente en calquera destes centros aportando unha foto tamaño carné.

Para recoller o seu carné terá que vir á biblioteca na que o tramite e presentar o DNI.

Os menores de 14 anos debedes aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor ou titora) responsable do menor.

Se a que solicita é unha entidade, a dirección da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.