SERVIZOS
Servizo de préstamo
O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.
 

O servizo de préstamo permite poder gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca sin necesidade de acudir a ela nin aterse aos horarios de apertura da mesma.

Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

  

 O CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
A que dá acceso o carné? 

Os usuarios das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia integradas no catálogo colectivo gozan dun carné único que lles permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas que participan no programa

A integración de bibliotecas é progresiva e desenvolverase en varias fases

Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:

- Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe

- Á Biblioteca Dixital da Rede

- Á conta persoal do usuario no catálogo onde cada lector pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios, etc.

 Onde solicitalo? Online

 

Persoas individuais

Cumprimentando o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da Rede (inclúe a posibilidade de agregar unha fotografía en formato dixital)

Entidades

Cumprimentando o seguinte formulario

Presencialmente Persoas individuais

Cumprimentando o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar

Achegando unha foto de carné e amosando o DNI do usuario, ou do pai/nai/titor no caso de menores de 14 anos

Entidades

Cumprimentando o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar

Cando podo recoller o meu carné?

 Aproximadamente 3 días hábiles despois da solicitude

Que documentación teño que presentar para poder recoller o meu carné? Adultos

O DNI ou o Pasaporte

Menores de 14 anos

No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor) responsable do menor

Entidades

Se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable

Cesión do carné a outra persoa

O carné da biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible

Unicamente poderá cederse a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca

Previamente deberá cumprimentar un formulario (accesible na web e na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materiais en préstamo con el

Esta autorización terá unha validez dun ano

Cambio nos datos persoais

Os cambios de domicilio, información de contacto, etc. deberán comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de comunicacións

Entrega dun carné novo

O carné só se cambiará no caso de deterioro ou perda

No caso de perda é preciso cumprimentar unha nova solicitude e se lle asignará un número novo

 

MODALIDADES DE PRÉSTAMO

Préstamo

de materiais

da nosa biblioteca 

  Adulto

O total de préstamos co carné de adulto ou adulta é de 20 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para o público adulto e infantil

Cadro resumo do préstamo para adultos

 

  Infantil

O total de préstamos co carné infantil é de 20 por persoa. Só poden facerse combinacións cos materiais para o público infantil

Cadro resumo do préstamo infantil
Onde?

Nos mostradores de préstamo da biblioteca (primeiro e segundo andar)

Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca

IMPORTANTE

Os documentos deben devolverse na Biblioteca onde se fai o préstamo

Se levas un libro en préstamo na nosa biblioteca non podes devolvelo noutra biblioteca da Rede

Préstamo

intrabibliotecario

 

É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede

Estas son as bibliotecas entre as que se fai este tipo de préstamo 

 

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Biblioteca Pública de Lugo

Biblioteca Pública de Ourense

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Onde solicitalo?

Unha vez localizado o material desexado a través do catálogo da Rede, a solicitude farase presencialmente nos mostradores de préstamo do primeiro e segundo andar

Número de máximo de documentos

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1

No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poderán solicitarse ata un máximo de 3 documentos

Prazo de recepción

O prazo de recepción do material solicitado soe ser de 2 ou 3 días

Prazo de recollida

Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento disporá de 7 días para facer a recollida

No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo

Prazos de devolución e renovación

Son comúns para toda a rede de bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia

Préstamo

interbibliotecario

É un servizo que facilita ao público o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas de Galicia xestionadas por la Xunta de Galicia

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola encargarase de localizar a obra e de solicitala á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada, etc.)

A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da Biblioteca

Onde solicitalo?

Presencialmente, no mostrador de préstamo do segundo andar cubrindo un impreso de solicitude

Por teléfono no 886 159 252

Por correo electrónico en biblio.publica.pontevedra@xunta.es

A través do formulario web

Gastos

Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario

Número máximo

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1

Plazo de recepción

O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, método de envío, etc.).

 

Plazo de recollida

Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto coa persoa solicitante para comunicarlle a chegada do documento

A partir dese momento disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo. A ausencia de recollida de material en prazo de xeito reiterado implica a exclusión neste servizo para o usuario

Préstamo colectivo a entidades

Este é un servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos

O director ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo o formulario para solicitar o carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable

Cadro resumo do préstamo para entidades
Número maximo

O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60

 

 

 

OUTRAS XESTIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO DE PRÉSTAMO
Renovacións Cando se pode renovar?

A renovación poderase realizar transcorridos 5 días desde a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade

Non se permitirá a renovación de documentos reservados

Onde podo renovar?

Presencialmente, nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar

Por teléfono no 886 159 252

A través da conta persoal do usuario no catálogo

Reservas

No caso de querer levar en préstamo un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva

Non se pode facer reservas de materiais que están dispoñibles

Onde solicitala?

Presencialmente, nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar

A través da conta persoal do usuario no catálogo

Número máximo

O número máximo de reservas por lector é de 6 (3 libros e revistas, 2 audiovisuais1 lector de libros electrónicos)

Prazo de recollida

O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que o usuario é avisado.

Unha vez transcorrido ese período, se o documento non é recollido a reserva queda anulada.

 

Devolucións

Onde?

O material prestado poderá devolverse nos mostradores do primeiro e do segundo andar

Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca

Sancións

 

 

Por incumpremento de prazos de préstamo

1 día sen poder levar ningún material en préstamo por día e documento retrasado

Documento non devolto

O carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede

Por deterioro

Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado o persoal da biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón

Se non, deberá repoñelo o propio usuario

SUXERENCIAS

Se o material solicitado non se atopa na biblioteca, nin no resto das bibliotecas da Rede que fan préstamo intrabibliotecario, o usuario pode facer unha suxerencia de compra a través da conta persoal do usuario no catálogo, que será valorada por el centro. O número máximo por petición é de 1

;

TAMÉN CHE PODE INTERESAR...