Servizo de préstamo de recursos electrónicos (GaliciaLe)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

 

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, o seu obxectivo é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Esta plataforma proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc.)

GaliciaLe dispón de dous catálogos: o Catálogo en galego e o Catálogo en castelán. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e verse nos dispositivos compatibles coa plataforma: lectores de libro electrónico, tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais

GaliciaLe+ permite a usuarios de fora de galicia rexistrarse e acceder aos contidos co catálogo en galego

 

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre ter:

— O carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

— Un dispositivo compatible

— Unha conta de correo electrónico.

Máis información en http://www.galiciale.gal/ e a través do noso formulario web Dúbidas GaliciaLe.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS