Instalacións

 

PLANTA BAIXA

— Recepción: nela podes solicitar información xeral sobre a biblioteca.

— Espazo de actividades e exposicións: zona multiúsos que empregamos para organizar as diferentes actividades culturais que organizamos.

— Salón de actos: con capacidade para 227 persoas.

— Zona de descanso: máquinas de comida e bebida onde podes facer unha pausa.

 

ENTREPLANTA

-Sala de ordenadores: nesta sala podes utilizar os ordenadores de uso público. Ademais podes consultar a prensa de la hemeroteca, usar o teu propio ordenador ou facer traballos en grupo.

PRIMEIRO ANDAR

— Recuncho das familias: é un centro de interese permanente con libros e outros materiais de axuda para a crianza e educación de pequenos e pequenas.

— Sala infantil: con materiais para nenos e nenas de 0 a 13 anos. Esta sala está decorada con fermosos murais de Kiko da Silva.

— Hemeroteca: aquí podes consultar a prensa do día e a do último mes en acceso directo. Ademáis esta sección dispón dunha selección de revistas de diferentes materias. Os últimos números son os que están expostos e son de consulta en biblioteca, pero se levantas a tapa do estante atoparás os anteriores do ano, que son prestables a domicilio.

Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais da sala infantil

 

SEGUNDO ANDAR

— Administración: neste lugar aténdense todas as consultas relativas ao carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e as inscricións as actividades. 

— Mostrador principal de préstamo: abre durante todo o día e nel se atenden entre outros os seguintes servizos: recollida de reservas e préstamos intrabibliotecarios, préstamo de ordenadores portátiles, lectores de libro electrónico e solicitudes de materiais do depósito.

— Coleccións no segundo andar: narrativa, poesía, teatro, biografías, ensaio, libros de viaxes, xuvenil, banda deseñada, libros de idiomas, lecturas escolares, LGTBIQ+, biblioteca feminista e colección accesible.

Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais do segundo andar

TERCEIRO ANDAR

— Coleccións no terceiro andar: libros informativos de diferentes materiais organizados pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e Fondo Pontevedra.

Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais do terceiro andar