Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:
— Gardar silencio no terceiro andar e falar nun ton adecuado nas outras dependencias.
— Silenciar os teléfonos móbiles.
— Manter o fondo ordenado.
— Repoñer os materiais que extraviasen ou danasen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos/as.
— Non sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou ter solicitado permiso ao persoal bibliotecario.
— Non introducir bebidas (agás auga) nin comida nas salas.
— Non se permite a reserva de postos de lectura. A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dá dereito a calquera persoa a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar estas ausencias.
— Non se permite mover as cadeiras do seu emprazamento sen permiso do persoal bibliotecario.
— A sala infantil é para uso exclusivo das persoas menores de 14 anos, os seus acompañantes e das persoas que precisen empregar os materiais da sala. As persoas menores de 9 anos deberán estar acompañadas na sala por unha persoa adulta en todo momento.
— Débense respectar as restricións de uso dos postos, debidamente sinalizados, que se reservan para a consulta de materiais non prestables ou que requiren equipos para a súa consulta.
Normativa complementaria:
— Normas das suxestións de compra