SERVIZOS
Biblioteca Accesible
Accesio a discapacitados
Acceso aos contidos da biblioteca para persoas con calquera tipo de discapacidade.
  • Colección accesible 

Existe unha colección de libros adaptados a lectores que teñen diferentes disfuncións lectoras que se agrupa na sección: Lectura Fácil (LF), que atoparemos no 2º andar e na sala infantil. A biblioteca conta cunha colección de materiais especiais, con libros en Braille, en letra grande, lectura fácil, audiolibros e DVDs con audiodescripción, pictogramas, linguaxe de signos, etc.

  • Equipamento Informático

O servizo “Biblioteca Accesible” dispón dos seguintes medios informáticos específicos:

Hardware: 1 ordenador de sobremesa,  no 3º andar, que conta con periféricos e programas especialmente adaptados a persoas con problemas físicos ou cognitivos.

Periféricos: 1 rato de bola xigante, 1 rato de bola pequena, 1 conmutador tipo botón, 1 rato tipo joystick, 1 rato para queixo con brazo, 1 teclado simplificado de letras grandes e 1 teclado Braille.

Software: programa de entrada alternativa de texto Dasher; Programa de configuración do rato de queixo BJ (Bjoy configurador); Programa de actividades para a pantalla (FAM Armoni); Distribución de teclas especiais para BigKeys LX (configurador de teclado letras grandes); Lector de pantalla JAWS; Realización alternativa de clicks: Point-N-Click (rato virtual); Click-N-Type (teclado virtual); Programa Daisy de lectura.