Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da comunidade as súas instalacións, coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro.

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola permite a utilización do seu salón de actos a entidades para realizar actividades con fins culturais. Non se autoriza a cesión do espazo para outros fins, nin a cesión a persoas particulares. Tampouco se autoriza a actividade comercial, incluída a venda de libros ou outros produtos. Consulta aquí todas as condicións da cesión de espazos.

O salón ten unha capacidade total de 227 butacas.

A solicitude da cesión do salón faise a través deste formulario web cunha antelación mínima de 15 días naturais. No apartado "Documentación adicional" do citado formulario haberá que achegar o documento de aceptación das condicións da cesión de espazos asinado mediante DNI electrónico ou certificado dixital.

Unha vez recibida a solicitude, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa representante da entidade para informarlle da aceptación ou denegación da solicitude.