SERVIZOS
Servizo de acceso á Internet e ofimática
A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

O servizo de acceso á Internet e ofimática engloba:

Conexión wifi

A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.

O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca require introducir contrasinal e non ten limitacións no tempo de conexión.

A utilización deste servizo conleva un uso responsable do mesmo respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.

Guía rápida de conexión Wifi

Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas

Os postos de ordenadores con conexión á Internet e ferramentas ofimáticas distribúense do seguinte xeito:

  • Cinco postos na primeira planta.
  • Seis posto na segunda planta.
  • Seis postos na terceira planta.
  • Un posto para discapacitados na terceira planta.

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións: 

  • O acceso a este servizo está aberto a todo o público e só é necesario identificarse co DNI ou pasaporte.
  • Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado.
  • O tempo máximo para a utilización deste servizo é de  90 minutos diarios, que non teñen por qué ser seguidos.
  • Por motivos de seguridade non se pode escribir no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
  • Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao programa gratuíto Open Office. A persoa usuaria gardar os seus documentos nunha memoria USB aportada por ela.
  • Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CDs e DVDs particulares ou da biblioteca así como memorias USB particulares.
  • No uso dos recursos da Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a  lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
  • Os menores de 14 anos deben utilizar os ordenadores situados na Sala Infantil e deben ter a autorización do pai/nai ou titor/a, os cales deben rexistrarse previamente.
  • Para o acceso a este servizo  os menores de 10 anos  sempre deberán estar acompañados dunha persoa adulta.
  • Pódense gardar as buscas en diversos soportes, respectando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.