SERVIZOS
Servizo de información e referencia
Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia aos lectores e lectoras na resolución das súas necesidades informativas específicas.

 

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

- Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas. Esta información solicitarase nos mostradores da primeira, segunda e terceira planta.

- Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo... As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), Internet etc. 

 

 

 

As consultasde iInformación bibliográfica e de referencia aténdense:

Complementado este servizo de información bibliográfica e de referencia, toda persoa pode dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado cooperativamente por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema xa sexa puntual e/ou concreto. 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS