SERVIZOS
Servizo de préstamo
O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.
 

O servizo de préstamo permite poder gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca sin necesidade de acudir a ela nin aterse aos horarios de apertura da mesma.

Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

  

 O CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
A que dá acceso o carné? 
  • Os usuarios das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia integradas no catálogo colectivo gozan dun carné único que lles permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas que participan no programa
  • A integración de bibliotecas é progresiva e desenvolverase en varias fases

Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:

 Onde solicitalo? Online

 

Persoas individuais
  • Cumprimentando o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da Rede (inclúe a posibilidade de agregar unha fotografía en formato dixital)
Entidades
Presencialmente Persoas individuais
  • Cumprimentando o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar
  • Achegando unha foto de carné e amosando o DNI do usuario, ou do pai/nai/titor no caso de menores de 14 anos
Entidades
  • Cumprimentando o formulario impreso dispoñible nos mostradores de préstamo do primeiro e do segundo andar
Cando podo recoller o meu carné?
  •  Aproximadamente 3 días hábiles despois da solicitude
Que documentación teño que presentar para poder recoller o meu carné? Adultos
  • O DNI ou o Pasaporte
Menores de 14 anos
  • No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor) responsable do menor
Entidades
  • Se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable
Cesión do carné a outra persoa
  • O carné da biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible
  • Unicamente poderá cederse a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca
  • Previamente deberá cumprimentar un formulario (accesible na web e na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materiais en préstamo con el
  • Esta autorización terá unha validez dun ano
Cambio nos datos persoais
  • Os cambios de domicilio, información de contacto, etc. deberán comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de comunicacións
Entrega dun carné novo
  • O carné só se cambiará en caso de deterioro ou perda
  • En caso de perda é preciso cumprimentar unha nova solicitude e se lle asignará un número novo

 

MODALIDADES DE PRÉSTAMO

Préstamo

de materiais

da nosa biblioteca 

  Adulto
  • O total de préstamos co carné de adulto ou adulta é de 20 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para o público adulto e infantil

Cadro resumo do préstamo para adultos

 

  Infantil
  • O total de préstamos co carné infantil é de 20 por persoa. Só poden facerse combinacións cos materiais para o público infantil
Cadro resumo do préstamo infantil
Onde?
  • Nos mostradores de préstamo da biblioteca (primeiro e segundo andar)
  • Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca

Préstamo

intrabibliotecario

 

  • É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede
Estas son as bibliotecas entre as que se fai este tipo de préstamo 

 

Onde solicitalo?
  • Unha vez localizado o material desexado a través do catálogo da Rede, a solicitude farase presencialmente nos mostradores de préstamo do primeiro e segundo andar
Número de máximo de documentos
  • O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1
  • No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poderán solicitarse ata un máximo de 3 documentos
Prazo de recepción
  • O prazo de recepción do material solicitado soe ser de 2 ou 3 días
Prazo de recollida
  • Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento disporá de 7 días para facer a recollida
  • No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo
Prazos de devolución e renovación
  • Son comúns para toda a rede de bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia

Préstamo

interbibliotecario

  • É un servizo que facilita ao público o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas de Galicia xestionadas por la Xunta de Galicia
  • A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola encargarase de localizar a obra e de solicitala á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada, etc.)
  • A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da Biblioteca
Onde solicitalo?
Gastos
  • Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario
Número máximo
  • O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1
Plazo de recepción
  • O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, método de envío, etc.).

 

Plazo de recollida
  • Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto coa persoa solicitante para comunicarlle a chegada do documento
  • A partir dese momento disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo. A ausencia de recollida de material en prazo de xeito reiterado implica a exclusión neste servizo para o usuario
Préstamo colectivo a entidades
  • Este é un servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos
  • O director ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo o formulario para solicitar o carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable
Cadro resumo do préstamo para entidades
Número maximo
  • O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60

 

 

 

OUTRAS XESTIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO DE PRÉSTAMO
Renovacións Cando se pode renovar?
  • A renovación poderase realizar transcorridos 5 días desde a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade
  • Non se permitirá a renovación de documentos reservados
Onde podo renovar?
Reservas
  • No caso de querer levar en préstamo un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva
  • Non se pode facer reservas de materiais que están dispoñibles
Onde solicitala?
Número máximo
  • O número máximo de reservas por lector é de 6 (3 libros e revistas, 2 audiovisuais1 lector de libros electrónicos)
Prazo de recollida
  • O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que o usuario é avisado.
  • Unha vez transcorrido ese período, se o documento non é recollido a reserva queda anulada.

 

Devolucións

Onde?

  • O material prestado poderá devolverse nos mostradores do primeiro e do segundo andar
  • Nas máquinas de autopréstamo da biblioteca
Sancións

 

 

Por incumpremento de prazos de préstamo

  • 1 día sen poder levar ningún material en préstamo por día e documento retrasado

Documento non devolto

  • O carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede

Por deterioro

  • Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado o persoal da biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón
  • Se non, deberá repoñelo o propio usuario
SUXERENCIAS
  • Se o material solicitado non se atopa na biblioteca, nin no resto das bibliotecas da Rede que fan préstamo intrabibliotecario, o usuario pode facer unha suxerencia de compra a través da conta persoal do usuario no catálogo, que será valorada por el centro. 
Número máximo
  • O número máximo por petición é de 1

 

TAMÉN CHE PODE INTERESAR...