SERVIZOS
Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos
A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos seus usuarios/as lectores de libros electrónicos e portátiles.

 

 

 

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A biblioteca conta con lectores de libros electrónicos para o seu préstamo a domicilio. GaliciaLe. A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas, proporciona unha oferta de case 2000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.) entre os que se poderá escoller para encher o dispositivo que se leve en préstamo.

Para acceder ao servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos é preciso o ter o carné da biblioteca e ser maior de idade.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do dispositivo deberase presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos sobrepasados nin sancións.

Cada persoa pode levar en préstamo un só dispositivo. Este préstase baleiro,  cun cable USB para a transferencia de datos e a carga da batería, por un período de 21 días renovable.

A normativa está dispoñible na seguinte ligazón: Normativa do servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos  

A información ampliada sobre este servizo pode consultarse no Tríptico informativo sobre o préstamo de lectores de libros electrónicos

 

 

Préstamo de portátiles (netbooks)

A biblioteca dispón de netbooks para préstamo. Este servizo de préstamo de portátiles atópase na 2ª planta.

Para gozar deste servizo tan só é preciso ter o carné da biblioteca e ser maior de 18 anos, ou menor acompañado por un maior de 18 anos, que se responsabilice do seu préstamo.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do portátil, deberase presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos sobrepasados nin sancións.

Cada persoa pode levar en préstamo un só equipo. O uso do portátil e dos seus periféricos queda limitado exclusivamente ao recinto da biblioteca e, polo tanto, ningún destes elementos se pode levar fóra das instalacións do centro.

O período máximo de préstamo é de 1 día e é preciso devolver o equipo e os seus periféricos 1 hora antes do peche da biblioteca.

A normativa completa de prestámo está dispoñible na seguinte ligazón: Normativa do servizo de préstamo de portátiles

A información ampliada sobre este servizo pode consultarse no Tríptico informativo sobre o préstamo de portátiles