SERVIZOS
Servizo de reprodución de documentos
Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os usuarios/as poden reproducir documentos impresos ou convertelos a formato dixital.

O servizo de reprodución de documentos engloba:

  • Fotocopiadoras: a biblioteca pon a disposición do público en xeral unha fotocopiadora en branco e negro en réxime de autoservizo para a reprodución de documentos impresos. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. No caso de fotocopiar materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluidas deste servizo prensa encuadernada, publicacións periódicas (prensa, revistas, etc) con data anterior a 1980, libros anteriores a 1958, materiais delicados, o os que así determine a biblioteca.

A fotocopiadora está ubicada na terceira planta. O custo da impresión en branco e negro por medio de fotocopiadora ou impresora é de dez céntimos de euro (0,10€) por páxina.