Clubs de lectura

Organizamos clubs de lectura en varias linguas, un club de lectura de banda deseñada e un club de lectura feminista dirixidos a público adulto

Un club de lectura é unha actividade na que un grupo de personas afeccionadas á lectura comparten a súa experiencia e as súas impresións con outras ao redor de distintas obras de literatura previamente anunciadas polas coordinadoras e coordinadores dos clubs. 

Os clubs de lectura celébranse en semanas alternas nos horarios habituais:

  • BANDA DESEÑADA: Luns de 19:30 h a 21:00 h
  • ESPAÑOL: Mércores de 19:30h a a 21:00 h
  • FEMINISTA: Luns de 19:30 h a 21:00 h
  • FRANCÉS: Venres de 19:30 h a 21:00 h
  • GALEGO: Mércores de 19:30 h a 21:00 h
  • INGLÉS: Xoves de 19:30 h a 21:00 h

O prazo de inscrición para prazas que poidan quedar vacantes continúa aberto mentres se desenvolvan os clubs a través dos seguintes medios:

• No mostrador de Información durante o horario de apertura da biblioteca

• Chamando ao 881 999 401

• Enviando un correo electrónico a biblio.publica.santiago@xunta.gal

 

Para máis información consulte os seguintes documentos: