AVISOS
11/01/2018
Socios/as de Honra do ano 2018
Co gallo da celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecas nomeamos aos Socios/as de Honra do 2018

Os/as Socios/as de Honra deste ano, é dicir as lectoras e lectores con máis préstamos durante o ano 2017, son:

Adultos/as

  • José Gómez Casal [516 préstamos]
  • Roberto Martínez Míguez [503 préstamos]
  • María Mata Pereiro [308 préstamos]

Infantís

  • Aroa Lareo Moar (5 anos) [277 préstamos]
  • Marcos Alonso Pintor (6 anos) [197 préstamos]
  • Daniel Shimada Rivas (5 anos) [190 préstamos]

Ao longo de 2018 estes superlectores poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

  • Socio/a de Honra Adulto/a: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.
  • Socio/a de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario e Usuaria o 11 de xaneiro de 2019.

Noraboa!