AXENDA
100 anos da Revolución rusa (8 de marzo-8 de novembro do 1917)
05/06 - 30/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Recordamos a Revolución rusa, un acontecemento decisivo do século XX, no seu 100 aniversario.

O termo Revolución rusa agrupa todos os sucesos que conduciron ao derrocamento do réxime tsarista e á instauración preparada doutro, leninista, a continuación, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. O tsar viuse obrigado a abdicar e o antigo réxime foi substituído por un Goberno provisional durante a primeira revolución de febreiro 1917.
Na segunda revolución, en outubro, o Goberno provisional foi eliminado e substituído cun goberno bolxevique (comunista).
 
A mostra está no 3º andar e pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.