AXENDA
Bibliodiversidade
10/07 - 31/08
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

O termo bibliodiversidade refírese á diversidade cultural aplicada ao mundo do libro. Como eco da biodiversidade, fai alusión á necesaria diversidade das producións editoriais que se ofrecen ás lectoras e lectores.

Esta mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca.