AXENDA
Da terra asoballada de Ramón Cabanillas. Centenario da súa publicación
03/07 - 31/08
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Conmemoramos o centenario da publicación da obra Da terra asoballada, libro de poemas de Ramón Cabanillas publicado por primeira vez como volume independente no 1917 en Vilagarcía de Arousa.

A obra componse dun conxunto de textos líricos contra a colonización de Galicia.

Esta mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca.