AXENDA
Debuxar polo conto: a ilustración na literatura infantil en Galicia
22/01 - 31/01
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear algún autor ou autora históricos galegos. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Na sala infantil conmemoramos este día cunha mostra de contos ilustrados editados en Galicia.