AXENDA
Gloria Fuertes: viviña e coleando
05/06 - 30/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Conmemoramos o centenario do nacemento da poeta Gloria Fuertes García (Madrid, 10 de marzo de 1917 - 27 de novembro de 1998) ligada ao movemento literario da Primeira xeración da posguerra.

Foi unha escritora moi mediática, especialmente coñecida a partir dos '70 polas súas colaboracións en programas infantís e xuvenís de Televisión Española. 

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.