COMO PODO?
Consultar lexislación?

Na colección da biblioteca hai moitos libros sobre lexislación e as leis estatais e autonómicas básicas, pero é un tipo de material que é complicado manter actualizado, polo que poñemos á vosa disposición as bases de datos de Thomson Reuter - Aranzadi onde podedes consultar toda a lexislación e xurisprudencia actualizada a diario, ademais doutros tipos de documentación.

No 3º andar da biblioteca hai un ordenador habilitado para a consulta dos seguintes productos:

Aranzadi Experto Fiscal

Aranzadi Experto Social

Aranzadi Instituciones

Estas bases de datos conteñen lexislación europea, estatal e autonómica; xurisprudencia; doutrina administrativa; bibliografía; proxectos de lei; axudas e subvencións; convenios colectivos... Ademais dun dicionario, un apartado de novas, contratos, modelos procesuales e outros, enlaces de interese, calculadoras...

Non hai límite de tempo para as consultas. Podes gardar nun pen ou mandarche por correo electrónico toda a información que precises.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS