COMO PODO?
Reservar o Salón de Actos para unha actividade?
Salón de actos Salón de actos

O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).

A solicitude pode facerse por calquera das seguintes vías:

  • Chamando por teléfono ao 881 999 404 ou 881 999 401
  • Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderezo: hemerotecabps@xunta.gal
  • Cubrindo o formulario de reserva de instalacións 

A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o Formulario de Reserva de instalacións asinado. Pódese iniciar o trámite cubrindo o formulario e, cando se confirme a reserva, haberá que asinar o documento. Pódese facer no día de celebración da actividade para a que se reserva o espazo.

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institucións solicitantes reúnen os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS