COMO PODO?
Utilizar os ordenadores portátiles?

Tes que ter o carné da biblioteca, ser maior de idade e cubrir a solicitude para o servizo de préstamo de materiais tridimensionais (só para carnés anteriores a 2011). Solicita o portátil e os periféricos que precises (lector de cd/dvd, lector de dni-e, lector de tarxetas ...) no mostrador do andar baixo e poderás utilizalos en todos os andares da biblioteca (agás na Sala Infantil)

Recorda que terás que devolvelos no mostrador onde o colliches ata unha hora antes de que peche a biblioteca.