Regulamento

Para o bo funcionamento da biblioteca é preciso respectar unhas normas básicas:

  • Gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas demais.
  • Apagar os teléfonos móbiles.
  • Manter o fondo ordenado.
  • Repoñer os materiais que extravíen ou danen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos.
  • Non sacar da Biblioteca ningún documento sen efectuar previamente o préstamo ou solicitar o permiso da dirección.
  • Non introducir bebidas nin comidas.
  • Deixar os bolsos de gran tamaño, mochilas e maletas nos armarios que hai na entrada da biblioteca.
  • Non se permite a reserva de postos de lectura.  A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dá dereito a calqueira persoa a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar nin xestionar estas ausencias.
  • Non se permite mover as cadeiras do seu emprazamentosen permiso do persoal bibliotecario.
  • A sala infantil é para uso exclusivo dos nenos e nenas menores de 14 anos e acompañantes. As nenas e nenos de ata 7 anos deberán estar na sala acompañados dun adulto en todo momento. O Recuncho dos bebés é para menores de 4 anos e acompañantes.
  • O visionado de películas cos aparatos reproductores (dvd e bluray) do 2º andar regúlase coa normativa para o visionado de películas no 2º andar.