Servizo de préstamo
Máquina de autopréstamo Máquina de autodevolución Buzón de devolución

O servizo de préstamo ofrece ao público a posibilidade de ler ou consultar durante un tempo determinado e de forma gratuíta, os documentos prestables da biblioteca.

Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da biblioteca, válido para as bibliotecas que forman parte da Rede:

Podes consultar todas as bibliotecas no directorio da Rede.

Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:

  • Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe
  • Á páxina personalizada do catálogo onde cada lector ou lectora pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios...

Desde esta sección pode obter un carné de biblioteca para calquera das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia por dúas vías:

  • Vía Telemática. Dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. No caso de menores de idade, é a persoa representante quen debe reunir estes requisitos.
  • Presencial. Dispoñible para todas as persoas e entidades. Pode solicitarse directamente na biblioteca da súa elección ou ben iniciar o rexistro nesta páxina, o que facilitará e axilizará o proceso unha vez que acuda á biblioteca para finalizar o trámite.

O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Pode autorizarse a usalo a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca. A autorización pode descargarse aquí para entregar asinada na biblioteca. 

 

Modalidades de préstamo

A biblioteca ofrece o servizo de préstamo baixo as seguintes modalidades:

Préstamo persoal a domicilio

Préstamo que se realiza na propia biblioteca preferentemente nas máquinas de autopréstamo. Tamén se pode realizar no mostrador do andar baixo.

Público adulto

O total de préstamos co carné de adulto ou adulta é de 20 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para público adulto e infantil.

Cadro resumo do préstamo para público adulto 

Público infantil

O total de préstamos co carné infantil é de 17 por persoa.

Cadro resumo do préstamo para público infantil

A biblioteca proporciona, ademais, a posibilidade de levar en préstamo os documentos que non se atopen entre os fondos do centro pero si nalgunha das seguintes bibliotecas públicas:

A persoa usuaria pode localizar o título do seu interese no catálogo colectivo destas bibliotecas e solicitalo por calquera das seguintes vías:

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1. No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie etc.), poderán solicitarse ata un máximo de tres documentos.

O prazo de recepción do material solicitado adoita ser de 2 ou 3 días. Unha vez recibido, a biblioteca comunica á persoa peticionaria a chegada do documento. A partir dese momento dispón de 7 días para recollelo. No caso de que non solicitalo nese prazo, a sanción é de 10 días sen préstamo.

Se o material solicitado non se atopa nin na biblioteca nin no resto de bibliotecas da Rede, pódese facer unha suxestión de compra que será valorada polo centro. 

Préstamo interbibliotecario

O préstamo interbibliotecario é un servizo que facilita ao público o acceso ás publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.

A biblioteca localiza a obra e a solicita á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada etc.). A consulta dos orixinais solicitados faise nunha sala da Biblioteca a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.

A persoa solicitante pode pedir unha obra en préstamo interbibliotecario por calquera das seguintes vías:

Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario ou usuaria. 
O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.

O prazo de recepción do material solicitado depende da biblioteca prestataria (distancia, método de envío...). Unha vez recibido, a biblioteca comunícalle á persoa solicitante a chegada do documento. A partir dese momento, dispón de 7 días para recollelo. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción é de 10 días sen préstamo.

Préstamo colectivo a entidades

Servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos.

A dirección ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo a Solicitude do carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable. Tamén é preciso cubrir unha autorización e entregala asinada na biblioteca, pódese descargar aquí

O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60 por biblioteca, 120 en total en toda a Rede.

Cadro resumo do préstamo para entidade 

Levámosche os préstamos á casa

Se estás enferma/o, encamada/o ou tés problemas de mobilidade levámosche os préstamos á casa. Expón o teu caso e nós estudiámolo. Podes facelo a través deste formulario.

A casa ten que ser dentro do casco urbano con servizo de bus. O préstamo é igual ca todos, pero por 42 días todo o material.

Renovacións

Os materiais prestados pódense renovar transcorridos 5 días desde a realización do préstamo, ata o día da súa caducidade: 

  • Por teléfono, chamando ao 881 999 408 / 881 999 417
  • Na propia biblioteca
  • Vía web entrando no catálogo previa identificación co número de carné da biblioteca e un contrasinal. 

Non se permite a renovación dos documentos reservados.

Reservas

No caso de querer levar en préstamo un exemplar que estea prestado a outro usuario ou usuaria, pódese reservar na biblioteca. O número máximo de reservas por persoa é de 6 (3 para libros e revistas, 2 para outros materiais e 1 para libros electrónicos)  

O prazo para recoller as reservas é de 3 días, no caso de non recollelas quedan anuladas.

Os documentos reservados non se poden renovar.

Devolucións

Todas as devolucións efectuanse na mesma biblioteca onde se realizou o préstamo, independentemente da súa modalidade. O material prestado pode devolverse:

  • Nas máquinas de autodevolución, situadas no andar baixo da biblioteca.
  • Na caixa de correo situada no exterior das instalacións da biblioteca, fóra do horario de apertura da biblioteca.

Sancións

Non respectar os prazos de préstamo sanciónase con 1 día sen poder levar ningún material en préstamo por cada día e documento adiado. Se o documento non se devolve á biblioteca, o carné de lector/a queda bloqueado permanentemente e non ten validez en ningunha das bibliotecas da rede.

En caso de deterioro dun documento por parte dunha persoa usuaria, o persoal da biblioteca valora se é posible a súa reparación cos medios de que dispón. Se non é asi, debe repoñelo o propio usuario ou usuaria.

En caso de perda dun documento por parte dunha persoa usuaria, debe repoñelo.

Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado, o persoal da biblioteca propón un título alternativo. Mentres, o lector ou lectora non pode levar ningún material en préstamo.