AVISOS
22/05/2017
Apertura do prazo de inscrición nos obradoiros de verán
2017

Inscrición previa: En  Recepción ou por teléfono: 886 120 440.

 

“O FÍO DOS CONTOS”, Loreto Fernández de Garaizábal.

Martes 4,  de 12 a 13:30: “O pez do arco iris”: un conto entre amigos. Nenos/as de 4 a 5 anos.

Mércores 5,  de 11.30 a 13:30: “A árbore da vida”: tecendo os poemas de Marco Aurelio Chavezmaya”. Nenos/as de 6 a 8 anos.

Xoves 6,  de 11.30 a 13:30: “A árbore da vida”: tecendo os poemas de Marco Aurelio Chavezmaya”.  Nenos/as de 6 a 8 anos.

Martes 11,  de 11:30 a 13:30: “O tear de contos”. Nenos/as de 8 a 10 anos.

Mércores 12,  de 11.30 a 13:30: “O tear de contos”.  Nenos/as de 8 a 10 anos.

Xoves 13,  de 11.30 a 13:30: “O tear de contos”. Nenos/as de 8 a 10 anos.

 

10 PRAZAS por obradoiro.

 

“E TI QUE PINTAS?” Obradoiro de iniciación á pintura por Antía Sánchez Alonso.

 

Duración:

Cada obradoiro durará unha semana (de luns a venres) en horario de 11:30 a 13:00 horas:

  • Do 31/7 ao 4/8 para nenos e nenas de 4-6 anos.
  • Do 7/8 ao 11/8 para nenos e nenas de 7-9 anos.
  • Do 21/8 ao 25/8 para nenos e nenas de 10-13 anos.

8 PRAZAS por obradoiro.

 

Contidos:

Cinco actividades relacionadas co debuxo e a pintura, representación e técnicas para levar a cabo os exercicios. Para cada grupo de idade haberá un nivel de dificultade adaptado.

1ª sesión.-  A cor/a forma. Nesta primeira clase falarase sobre os aspectos básicos da pintura e as experiencias de cada un. Comezarase con mesturas de cor e plasmaranse estes coñecementos en exercicios abstractos onde o punto e a liña serán os protagonistas.

2ª sesión.- Paisaxe/natureza. En esta sesión utilizarase a técnica do esgrafiado para desenvolver este exercicio, estimulando a psicomotricidade fina para despois ter máis precisión nos seguintes exercicios.

3ª sesión.- Familia. Representarase mediante debuxo a familia, usando tinta e acuarela para formalizalo.

4ª sesión. -  Ao natural. Experimentarase a representación ao natural con varios exercicios que farán que o neno afonde na súa visión dando ferramentas para poder plasmalo. Exemplos: un bodegón infantil (peluche, libro, froita), poses de modelo que fará o docente ou pintar un recuncho da biblioteca.

5ª sesión.- Pintamos todos.

Actividade mural traballando en equipo.