AVISOS
14/03/2017
Convocatoria do VIII Concurso de Banda Deseñada “B.D. Vigo”
Bases concurso

A Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" convoca o VIII Certame de Banda Deseñada “B. D. de Vigo”.

Estas son as bases:

1. Poderán concurrir a este concurso todos os interesados nas seguintes categorías:

*Infantil: Nenos menores e de 11 anos.

*Júnior: Mozos que teñan entre 12 e 17 anos.

*Sénior: Mozos de 18 anos e en diante.

2. O tema será libre, con textos en galego. Cada autor presentará as obras que considere oportunas.

3. Os traballos deberán ser orixinais, non premiados en outros concursos,  tendo unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de catro. Poderán ser a cor ou en branco e negro, a técnica será libre e as dimensións serán DINA-4. Non se admiten portadas e as páxinas han de ir numeradas . As historias han de ser autoconclusivas.

4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo: debuxante/guionista/colorista... O estilo, tratamento e xénero son libres.

5. Os traballos presentaranse fotocopiados en sobre pechado, no exterior figurará o título ou lema e a categoría na que participa; e no interior, noutro sobre pechado indicarase o:

*Título da obra (por fora do sobre pechado), e no interior:

*Nome e apelidos do concursante (imprescindible)

*Fotocopia do D.N.I.

*Domicilio, teléfono/s de contacto e mail.

6. Os traballos presentaranse á:

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Joaquín Yáñez, 6 (Casco Vello) Vigo

Hemeroteca, 1ª planta.

TLF: 886120440 / FAX: 886 120 458 

 

 

7. O prazo de presentación dos traballos será a partir do 14 de marzo e rematará o 17 de abril de 2017.

 

8. Establécense os seguintes premios :

1º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

2º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

1º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

2º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

1º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

2º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda deseñada.

 

9. Ademais dos premios, o Xurado poderá reservarse o dereito de facer Mencións Especiais respecto daquelas obras que estime como merecedoras delas.

 

10. O Xurado poderá declarar os premios desertos. O Xurado estará composto por autores recoñecidos do mundo da banda deseñada.

 

11. Así mesmo, cos traballos premiados realizarase unha exposición nas propias instalacións da biblioteca.

 

12. As obras destruiranse unha vez pasado o certame. Non se devolverán.

 

13. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos a criterio da organización.

 

14. A entrega de premios farase o sábado 22 de abril no obradorio de banda deseñada, sito na sala de audiovisuais na segunda planta.