AXENDA
A Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" na Feira do Libro
29/06 - 08/07
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Feira do Libro 2017

 

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel participará na Feira do Libro de Vigo. Teremos unha pequena mostra dos materiais que forman parte da nosa colección (libros, revistas, dvd, cd...), daremos información sobre os fondos e servizos da biblioteca e faremos carnés de socio a quen o desexe.

Do 29 de xuño ao 8 de xullo na Porta do Sol.

Horario: Mañás de 11.00 a 14.00 h – tardes de 17.30 a 22.00 h

O día 5 de xullo ás 12.00 h. na Feira do Libro, na Porta do Sol:

“Maxia e humor”.  Leo Leiño a través de trucos e diversos xogos de maxia no que participan os nenos activamente,  explícanos como se fixo maga e inventora, e achegános as obras literarias como “O Principiño ou “Viaxe ao centro da terra”.