COMO PODO?
Como funciona o préstamo de libro electrónico GaliciaLe?

1. Como podo darme de alta no servizo de préstamo de libro electrónico GaliciaLe?

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia desde antes do 14/10/2014, tan só precisas rexistrarte como novo usuario/a na plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe na páxina http://rexistro.galiciale.gal/ e cubrir o formulario de inscrición (é inprescindible ter conta de correo electrónico) . Poderás facelo dende calquera ordenador sen necesidade de trasladarte á biblioteca seguindo este pasos:

  1.     Seleccionar a súa biblioteca de orixe.
  2.     Cubrir o formulario introducindo o seu número de socio, DNI, correo electrónico e outros datos persoais. O enderezo de correo electrónico non pode ser compartido con outros usuarios. A súa alta no sistema debe estar ligada a un enderezo de correo persoal.
  3.     Recibirá unha mensaxe de correo electrónico para confirmar a súa alta.

Se non es socio/a dunha das biliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ou se solicitaches o teu carné despois do 14/10/2014, deberás acudir a biblioteca para obter o carné e te rexistrarán como novo usuario da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe.

 

 

 

2. Como funciona o préstamo de libro electrónico GaliciaLe?

Existe unha política común de préstamos dos dous catálogos de GaliciaLe, galego e castelán, que resumimos así:

  • Máximo de 2 libros en préstamo de cada catálogo.
  • 2 reservas en cada catálogo.
  • 21 días de préstamo.
  • Sen posibilidade de renovación.
  • Devolución anticipada só en lectura online.
  • Non poderá volver a tomar en préstamo o mesmo título ata que pasen 24 horas dende a devolución.
  • Unha vez finalizado o préstamo, o libro electrónico deixará de ser accesible desde sus dispositivos.
  • As personas con tarxeta de socio infantil non poderán acceder as obras destinadas a usuarios adultos.

 

3. Como podo descargar libros da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe?

Para poder descargar libros de GaliciaLe é nacesario ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) .

Que máis necesitas?

  1. Dispor dunha conta Adobe ID.
  2. Instalar Adobe Digital Editions en caso de que o dispositivo sexa compatible (en caso contrario, instalar Bluefire ou consultar titorial na web de GaliciaLe).
  3. Autorizar o equipo ou dispositivo (lector de libro electrónico) a unha conta Adobe ID para poder acceder os libros. Adobe ID permíteche asociar 5 dispositivos a unha conta.

Unha vez feitos estes pasos e premas en descargar un libro en GaliciaLe xa poderás abrilo con Adobe Digital Editions.

 

4. Como podo introducir os libros electrónicos descargados de GaliciaLe nos lectores que presta a biblioteca?

Para poder introducir os libros electrónicos descargados nos lectores que presta a biblioteca é necesario que conectes o teu lector de libros electrónicos co cable USB que trae ó ordenador, que abras o programa Adobe Digital Editions e selecciones o libro que desexes, despois co botón dereito do rato sobre este libro selecciones enviar a --> dispositivo e selecciones o lector da biblioteca.

Deste xeito o libro enviarase o lector e xa poderás atopalo no dispositivo.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS