COMO PODO?
Como me fago socio/a?

O acceso a Biblioteca é libre. Só necesitas o carné de usuario/a para o uso de certos servizos da Biblioteca. 

Se queres facer o carné de usuario/a da Biblioteca ofrecémosche dúas posibilidades:

- Vir á Biblioteca e cubrir o impreso dispoñible na Hemeroteca (farémosche nós a fotografía). Os menores de 14 teñen que traer o impreso cuberto e asinado por un dos pais/titores.

- Solicitalo a través do seguinte formulario web.

 

O carné expedirase nun prazo aproximado de 3 días hábiles e para recollelo será necesario amosar o DNI.

No caso de ter algún problema ou dúbida no momento de cubrir o formulario, podes enviarnos un correo electrónico á seguinte dirección: biblio.publica.vigo@xunta.es

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS