Como podo renovar os préstamos?

 

Podes renovar os préstamos transcorridos 5 días desde a súa realización ata o día da súa caducidade. Podes renovalo no mostrador de préstamo, no teléfono 886 120 445 ou a través da túa conta persoal.

Para acceder a túa conta, precisas entrar no catálogo da biblioteca dende a opción "a miña conta persoal" e introducir o teu nº de lector e o teu contrasinal. Se non recibiches o teu contrasinal por correo electrónico, pregunta na Biblioteca.  

Se non te deixa facer a renovación, pode ser por varios motivos:

  • O documento pode non ser renovable.
  • O documento xa se renovou unha vez.
  • O documento está reservado.